MESA LOCAL DE COORDINACIÓN PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE SILLEDA

O pasado mércores, 4 de febreiro quedou constituida a Mesa Local de Coordinación para a erradicación da violencia de xénero do Concello de Silleda.
Un dos obxectivos xerais da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade deste Concello é abordar a problemática social da violencia doméstica dende unha perspectiva de xénero que analice as causas, promova a súa prevención e facilite a atención ás vítimas; abordando, a súa vez, a problemática de colectivos específicos de mulleres en risco de exclusión social ou que sofran calquera outro tipo de violencia.
A tal fin, e tal e coma se recollerá no II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Silleda, en proceso de elaboración nestes intres, plantéxase de xeito específico a creación dunha Mesa Local de Coordinación para a erradicación da violencia de xénero, que intente dar resposta de xeito coordinado a tan grave problema. Tal decisión foi adoptada polo goberno local de Silleda a proposta da Xunta Local de Seguridade.
A Mesa Local deberá ser impulsada polas áreas municipais implicadas máis directamente con este problema social, referímonos as áreas de Igualdade, Servizos Sociais e Seguridade Cidadá.
A constitución da Mesa lévase a cabo previa reunión -celebrada o pasado 23 de xaneiro- con todos/as aqueles/as que mostraron o seu desexo de participar no proxecto, coa finalidade de marcar as bases de funcionamento da mesma.
A Mesa quedou constituida polos seguintes representantes:
Dona María Dolores García Troitiño, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Silleda.
Don Francisco Javier Márquez Cortizo, Sarxento Comandante do Posto da Guarda Civil de Silleda.
Dona Lucía Muradás Arcay, Xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero sobre a muller da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Dona Ana L. Malheiro Gutiérrez, Médico do Centro de Saúde de Silleda.
Dona María del Carmen García Juan, Enfermeira do Centro de Saúde de Silleda.
Dona Enriqueta Sanmartín Carbón, Xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Lalín.
Dona María del Carmen Carballo Silva, Directora do CIM de Silleda
Dona Carmen Miranda Posse, Asesora Xurídica do CIM de Silleda
Dona Angeles García Fidalgo, Psicóloga do CIM de Silleda
Dona Lucía Alonso Fernández, Directora e Coordinadora de Servizos Sociais Silleda
Don José Manuel García Blanco, Xefe Policía Local.
O obxectivo prioritario da Mesa será coordinar a actuación dos servizos municipais implicados na atención a mulleres víctimas de violencia de xénero e garantir a coordinación interinstitucional en tódalas fases do proceso asistencial, para lograr na nosa localidade unha atención integral e integrada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA