Síndrome do Burn-out


O Síndrome do Burn-out traducese literalmente coma "queimarse". Trátase dun tipo de estrés prolongado motivado pola sensación que produce a realización de esforzos que non se ven compensados persoalmente. Aparece sobre todo en traballos sociais que implican o trato con persoas e importantes exixencias emocionais na relación interpersoal (persoal sanitario, docentes, policias, gardas civís, etc)

Tratase dun estado de vacío interior, de desgaste espiritual, no que a persoa afectada non só gastou as suas enerxías recargables, senón que a sua sustancia tamén se ve atacada e danada.


O camiño ata “queimarse”

O síndrome non é exclusivo de xerentes de empresas, senón que ataca directamente a deportistas de élite, así como a profesionais do auxilio coma enfermeiría, mediciña, profesorado, etc. Especialmente as mulleres son vítimas deste síndrome. En especial sofreno persoas altamente calificadas e comprometidas, nas que os intereses profesionais predominan sobre os persoais. As relaciones persoais ou matrimoniais padecen as consecuencias, e acaban por romperse. O traballo é o máis importante na vida dos afectados.

Ainda que este síndrome se da maioritariamente no ámbito laboral, cada vez máis a miudo aparecen casos de burn-out nos estudiantes. Os afectados soen ser persoas que se esforzan excesivamente nos estudios ou que se sinten "agobiados" nas tempadas de exames. Isto soe pasar cando ao estudiante lle costa moito traballo entender e memorizar as cousas, e por iso se ten que esforzar máis do normal. Se o síndrome se prolonga, o afectado pode abandoar os estudos e chegar a ter depresión.

Síntomas

O principal é un forte sentimento de impotencia, xa que dende o momento de levantarse xa se sinte canso. O traballo non ten fin e, a pesares de que se fai todo para cumprir cos compromisos, o traballo nunca remata. Cousas que antes eran motivo de ledicia xa non o son. Ainda cando se ten tempo, se sinte estresado.

Visto por outras persoas, pode aparentar ser depresión ou insatisfacción.

A nivel corporal, aparecen moitas molestias: insomnio, dor de cabeza, mareos, dores musculares, trastornos dixestivos, infeccións, manchas na pel, trastornos respiratorios e circulatorios ou variacións no peso.

Causas

Atopouse en múltiples investigacións que o síndrome ataca especialmente cando o traballo supera as oito horas, e a persoa non ten tempo a diario de facer actividades diferentes ao traballo.

A vida da persoa é unha rutina a “marchas forzadas”, ata para descansar:

Entre semán: levántase á mesma hora todolos días. Ás carreiras prepárase e deixa listas as cousas da casa. Dirixese ao seu emprego. Traballa, traballa, traballa e traballa. Almorza. Traballa, traballa, traballa e traballa. Diríxese á casa. Convive a medias coa sua familia ou parella. Le ou ve a televisión un pouco (pero moi pouco), e xeralmente deixa de facelo “antes de durmir”. Durme. Chega aquí o momento que estaba esperando todo o día, xa que pensaba que durmindo se lle iba a quitar o cansancio. Durme xeralmente ben, incluso máis de 8 horas en ocasións. Pero volve a levantarse á mesma rutina unha e outra vez.

Fin de semán: Durante toda a semán foi programando a fin de semán para descansar, xa que se sentiu agotado todolos días; por iso, o descanso non é unha satisfacción senón unha obligación. En resumen, o descanso para esta persoa é unha responsabilidade máis, só que relacionada co seu propio corpo. Domingo pola tarde: Depresión. Achégase ameazante a semán laboral.

Recomendacións

A primeira e máis importante: hay que mudar de mentalidade respeto ao traballo, é dicir, hai que traballar para vivir, e non vivir para traballar.

Hay que considerar que é xusto dedicarlle polo menos unha hora de tempo a un mesmo: ler, vela televisión, facer un pouco de exercicio, arreglarse o cabelo... pero todo isto coa mesma intensidade, entusiasmo e interese que se aplica no traballo. Dedicarlle un pouco de tempo á familia, e tamén á parella.

Ao pouco tempo de seguir estos breves consellos, a persoa darase conta de que comezará a descansar sen necesidade de durmir máis (ata durmindo menos descansará máis); traballará menos e producirá máis; sentirase mellor coa sua familia e coa sua parella. E, sobre todo, sentirase descansado e ledo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA