II Reunión da Mesa Local para a Coordinación da Erradicación da Violencia de Xénero




O mércores 6 de maio, ás 6 da tarde, tivo lugar en Silleda a II Reunión da Mesa Local para a Coordinación da Erradicación da Violencia de Xénero do Concello de Silleda.
A reunión estivo presidida por Dolores García Troitiño, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, e asistiron a ela representantes de todolos sectores implicados:
  • Enriqueta Sanmartín, Xuíza do Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Lalín.
  • Lucía Muradás, Xefa da Unidade contra a Violencia á Muller.
  • José Manuel García, Xefe da Policía Local de Silleda.
  • Francisco Javier Márquez, Sarxento Comandante de Posto da Garda Civil de Silleda.
  • Lucía Alonso, Directora e Coordinadora de Servizos Sociais de Silleda.
  • Rosa Andrade, Orientadora do I.E.S Pintor Colmeiro.
  • Mª del Carmen Carballo, Directora do CIM.
  • Carmen Miranda, Asesora Xurídica do CIM.
  • Ángeles García, Psicóloga do CIM.
Ainda que non puideron, nesta ocasión, acudir á cita, tamén forman parte activa da Mesa:

  • Mª Carmen García, Enfermeira do Centro de Saúde.
  • Ana Malheiro, Médica do Centro de Saúde.
  • Berta Alonso, Secretaria do Concello de Silleda.
Nesta ocasión, o tema da reunión foi o análise e avaliación dos casos de volencia de xénero que se produciron na nosa localidade nestos últimos tres meses. A próxima reunión, salvo circunstancia extraordinaria, queda fixada para o día 7 de Outubro.




Gracias a todos por acudir á cita!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA