AXUDAS A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE


Resolución do 4 de xuño de 2009


OBXECTO

Regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

As axudas, na modalidade de pagamento único, serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2008 e ata o 31 de agosto de 2009, se atopen nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos.
O tempo máximo polo que se poderá conceder a axuda será de 8 meses ininterrumpidos e o tempo mínimo deberá ser de 60 días naturais ininterrumpidos.
BENEFICIARIOS
a/ Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á reducción de xornada a que se alude nesta resolución.
b/ Familias monoparentais en que a persoa solicitente, home ou muller, sexa traballadora por conta allea.
REQUISITOS
a) Os/as solicitantes deberán estar inscritas no padrón de calquera municipio da CA galega.
b) No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado.
c) Que na data da solicitude o/a fillo/a conviva coa persoa solicitante.
d) Que o período solicitado non coincida co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.
CONTÍA DAS AXUDAS
a) Redución da xornada ata o 33% da xornada laboral e a súa duración sexa de 8 meses:
-Primeira/o filla/o: 2.400 euros
-Segunda/o filla/o ou xemelgas/os: 2.700 euros
-Terceira/o filla/o ou se son trillizas/os: 3.000 euros
b) Redución de xornada superior ao 33% e ata o 40% da xornada laboral e a súa duración sexa de 8 meses:
-Primeira/o filla/o: 2.700 euros
-Segunda/o filla/o ou xemelgas/os: 3.000 euros
-Terceira/o filla/o ou trillizas/os: 3.300 euros
c) Redución da xornada superior ao 40% e ata o 50% da xornada laboral e a súa duración sexa de 8 meses:
-Primeira/o filla/o: 3.000 euros
-Segunda/o filla/o ou xemelgas/os: 3.300 euros
-Tercera/o filla/o ou trillizas/os: 3.600 euros
As contías citadas correponden a unha persoa contratada a xornada completa; si a xornada laboral e de duración inferior, as contías disminuiranse proporcionalmente. Do mesmo xeito, cando a redución de xornada non se solicite polo período máximo de 8 meses, as contías antes citadas reduciranse proporcionalmente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Ata o 31 de agosto de 2009

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA