LEI PARA A IGUALDADE DE MULLERES E HOMES




A LEI PARA A IGUALDADE recoñece que mulleres e homes son iguais en dignidade humana e en dereitos e deberes, que deben ser exercidos en igualdade de condicións.




OBXECTO DA LEI




  • Facer efectivo de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e eliminar calquera forma de discriminación por razón de sexo, directa ou indirecta, en todos os ámbitos, especialmente a derivada da maternidade e as obrigas familiares.


  • Integrar o principio de igualdade de trato e oportunidades en todas as políticas públicas: laboral, social, educativa, vivenda, cultura, deporte, creación artística, cooperación ao desenvolvemento, saúde e acceso ás novas tecnoloxías e aos bens e servizos.

  • Establecer unha participación equilibrada (mínimo 40%-máximo 60%) de mulleres e homes nas listas electorais, en todos os ámbitos das administracións públicas e nos consellos de administración das empresas.

IGUALDADE NAS POLÍTICAS PÚBLICAS


Entre as medidas entablecidas pola LEI PARA A IGUALDADE nas políticas públicas están:



  • Protexer a maternidade, asumida como unha cuestión de interese social.

  • Asegurar a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal e laboral de traballadores e traballadoras.

  • Establecer medidas para erradicar a violencia de xénero, incluíndo o acoso sexual e por razón de sexo.

  • Implantar unha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e fomentalo no resto da sociedade.

  • Creación de unidades de igualdade en todos os ministerios.

  • Creación dunha comisión interministerial de igualdade, para coordinar as políticas e as medidas adoptadas e garantir o dereito á igualdade e a súa efectividade.

  • Creación dun Consello de Participación da Muller, como órgano de consulta e asesoramento, con representación das asociacións de mulleres de ámbito estatal.

  • Aprobación polo goberno don Plan de Igualdade na Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes, ao inicio de cada lexislatura.

  • Extraer datos desagragados por sexos en todas as estatísticas e enquisas elaboradas polos poderes públicos.

  • Fomentar o acceso das mulleres ás novas tecnoloxías, especialmente en zonas e colectivos onde se detecte un especial retraso neste aspecto.

  • Favorecer a titularidade compartida das explotacións agrarias e a formación das mulleres no mundo rural.

  • Facilitar o acceso á vivenda e elaborar políticas de acción positiva para colectivos de mulleres en situación de necesidade especial (exclusión social, vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais e inmigrantes, entre outros).

  • Posibilidade de dar preferencia ás empresas que favorezan a igualdade nos contratos coas administracións públicas.

IGUALDADE É:



  • Que as mulleres estean ben representadas nos órganos de decisión.

  • Ter as mesmas oportunidades e condicións laborais.

  • Poder conciliar as responsabilidades persoais e profesionais.

  • Disfrutar da maternidade sen renunciar ao emprego.

  • Compartir responsabilidades.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA