SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

A Secretaría Xeral de Igualdade potenciará a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social, especialmente no ámbito rural.

[19/08/2009]
Un total de 231 asociacións e federacións de mulleres galegas colaborarán con Igualdade neste programa de actividades.A Secretaría Xeral da Igualdade, que dirixe Marta González, inicia un amplo programa de actividades destinado a fomentar as actividades as asociacións e federacións de mulleres galegas, apoiando a súa programación de actuacións, moi especialmente no ámbito rural. Este programa ten como obxectivo potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social galega.Serán 231 o número da asociacións que van participar no programa.O programa estrutúrase en varios obradoiros con temáticas diversas, que de xeito sinxelo e ameno, faciliten a adquisición das aptitudes e destrezas necesarias para un mellor desenvolvemento na sociedade actual.
Obradoiros para mulleres de todas as idades. Haberá obradoiros optativos sobre saúde e muller que procurarán que as participantes aprendan hábitos e actitudes saudables. Outro dos obradoiros ofertados versa sobre a iniciación do corpo na práctica deportiva, motivando ás mulleres na importancia da práctica do deporte de xeito habitual. O programa inclúe un taller sobre a contribución das mulleres galegas á sociedade ao longo da historia, e un obradoiro literario, dirixido a formar ás mulleres que teñen a inquedanza de iniciarse como escritoras, e no que se fará un percorrido pola historia lembrando a contribución de mulleres galegas a nosa literatura.
Os obradoiros terán unha duración de entre 4 e 10 horas e están abertos a mulleres de todas as idades

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA