25 DE NOVEMBRO


25 DE NOVEMBRO DE 2009. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe 25 de novembro de 2009, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
Un ano máis esta data recordanos o compromiso que temos sobre unha situación que se produce todoo ano, tódolos días, cada minuto deses días. A violencia de xénero constitue a máis virulenta das discriminacións por razón de sexo e a máxima manifestación de desigualdade entre homes e mulleres que perdura na sociedade actual, vulnerando dereitos fundamentais como a vida, a integridade física e psíquica, a dignidade e a liberdade.
O modelo de convivencia polo que apostamos impídenos permanecer indiferentes ou limitarnos a sentir impotencia ante cada muller contra a que se exerce a violencia. Sabemos que non basta con condenar ou reprobar este tipo de agresións, é necesario dar un paso máis.
Aínda que por sí solos os gobernos locais carecemos de capacidade suficiente para erradicar definitivamente a violencia contra as mulleres, o Concello de Silleda non escatimará esforzos que poidan contribuir a combatila. Así dispoñemos dun Centro de Información ás Mulleres, que integra recursos como asistencia xurídica e psicolóxica ás vitimas, unha Mesa Local de Coordinación para a Erradicación da Violencia de Xénero, como órgano onde se establecen os mecanismos para garantir a coordinación na actuación dos servizos municipais así como a coordinación interinstitucional en tódalas fases do proceso asistencial.
Igualmente contamos cun Área específica de Violencia de Xénero no II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Silleda 2009-2013.
Co convencemento de que non existen barreiras que poñan freno a unha loita común contra a violencia sexista, asumimos o compromiso de seguir traballando e aunar forzas para combatir e acabar con este terrible fenómeno, mellorando os recursos e redes de apoio, así como establecendo protocolos de actuación que garantan unha protección integral.
Ás próximas xeracións non podemos transmitirlles unha mensaxe de resiganación ou de que algo máis podería terse feito. Cada día debemos consideralo unha nova oportunidade para, entre todos e todas, erradicar na nosa sociedade tanta dor, tantio temor e tanto sufrimento, recuperando definitivamente a nosa calidade de cidadanía, digna e libre, en igualdade plena.


Asdo. Ofelia Rey Recimil
Alcaldesa de Silleda


Asdo. Concepción Vázquez Granja
Concelleira de Servizos Sociais

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA