DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA



O Día Mundial da Loita contra a Sida, que se conmemora o 1 de decembro de cada ano, adicase a dar a coñecer os avances contra a epidemia mundial da sida causada pola extensión da infección do VIH.

Escolleuse o día 1 de decembro porque o primeiro caso de sida foi diagnosticado neste día en 1981. Dende entón, o sida matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o planeta, o que o fai unha das epidemias máis destructivas da historia rexistrada. A pesar de que existe un maior acceso e mellorouse o tratamento antirretroviral e o coidado en moitas rexións do mundo, a epidemia da sida costou aproximadamente 3,1 millóns (entre 2,8 y 3,6 millóns) de vidas só no ano 2005, das cales máis de medio millón (570.000) eran nenos.

A idea de adicar un día á loita contra a sida no mundo surxiu no Cumio Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da sida. Dende entón, a iniciativa seguirona gobernos, organizacións internacionais e ONGs de todo o planeta.

Dende 1988 ata 2004, UNAIDS (ONUSIDA) organizaba o Día Internacional da Loita contra a Sida. Escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á organización independiente WAC (World Aids Campaign: Campaña Mundial contra a Sida). Para o 2005, elixiron como tema da sua campaña: "Paren a sida: cumplan a promesa" (Stop Aids: Keep the Promise), que estará vixente ata o 2010.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA