Película Documental sobre a primeira peregrina do Camiño de Santiago



Película sobre Gildeberta de Flandes
“La sinapsis del Códice” narra, a modo de documental ficcionado, o posible itinerario polo camiño de Santiago da misteriosa Gildeberta de Flandes, que é a única muller peregrina citada no Codex Calixtinus do Seculo XII.

“La sinapsis del Códice”, do director Pablo Iglesias, ten como actriz protagonista a Sara Casanovas e conta no seu reparto con Miguel de Lira, Sergio Pazos, Oscar Jaenada, Hugo Silva e a top model alemana Tessa Leoni Bergmeir. A poetisa Yolanda Castaño e o aclamado Luis Tosar poñen as voces en off na cinta.

Quixemos reivindicar o papel da muller no Camiño de Santiago.
Hai moitas máis mulleres buscando a espiritualidade do Camiño que homes.

A película rodouse o verán pasado durante 25 días en diversas localizacións do Camiño Francés, entre Saint-Pierre-en-Port e Santiago de Compostela e combinan nel o galego, o castelán, o inglés, o francés e o alemán.

O director fixo dúas versións do filme documental, unha en castelán e outra doblada en galego, ambas con subtítulos.

O estreno complementase coa edición dun libro, un DVD para a súa distribución mundial e a súa presenza en festivais nacionais e internacionais.

Link: www.lasinapsisdelcodice.com

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA