CURSO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DIRIXIDO ÁS CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS DO CONCELLO DE SILLEDA



No marco do establecido na Área 1, Obxectivo 1.2., Actuación 1.2.2. do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Silleda e conforme ao acordado na reunión da Mesa Local de Coordinación para a erradicación da Violencia de Xénero de data 26 de decembro do ano 2009, o Centro de Información ás Mulleres de Silleda pon en marcha hoxe un curso de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes dirixido ás concelleiras e concelleiros deste concello.

O curso impartirase os días 9 e 16 de marzo, na Casa da Cultura do Concello de Silleda, en horario de 16 a 20 horas.

A docente do curso será Carolina Iglesias Vázquez, Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e Máster de Xénero en Educación, Políticas e Liderazgo pola Universidade de Vigo-Ourense.

PROGRAMA

MÓDULO I: 2 HORAS

Conceptos básicos:

*Igualdade
*Xénero
*Perspectiva de xénero

MÓDULO II: 3 HORAS

Repercusións sociais:

*Educación
*Mercado de traballo
*Saúde

MÓDULO III: 3 HORAS

Violencia de xénero:

*Violencia de xéenro. Aspectos diferenciais
*Ciclo de violencia. Vítima. Agresor
*Lei 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA