LEI 5/2010, DO 23 DE XUÑO POLA QUE SE ESTABLECE E REGULA UNHA REDE DE APOIO Á MULLER EMBARAZADA


AMBITO DE APLICACION

Será beneficiaria das actuacións desta lei toda muller con domicilio, traballo ou residencia na CA de Galicia que por razón das súas circunstancias personais ou sociais poida acceder aos beneficios e servizos establecidos nesta lei e a aqueles outros que no seu desenvolvemento posterior puidesen establecerse.
Igualmente as disposicións desta lei aplicaranse a toda a Administración pública e a calquera entidade de titularidade pública ou privada que preste servizos sociais ou sanitarios no ámbito territorial da CA de Galicia.

DEREITO DE INFORMACIÓN

Toda muller xestante ten dereito a ser informada de xeito personalizado, suficiente e comprensible das axudas e dos apoios establecidos nesta lei.
As administracións públicas de Galicia informarán a muller embarazada da existencia desta rede de apoio desde os distintos centros sanitarios, sociais e educativos. Co fin de alcanzar a máxima difusión desta información, a Xunta elaborará unha guía de recursos, apoio e asistencia que conterá, polo menos a seguinte información:
- Identificación dos centros, as prestacións e as axudas ás que pode acceder a muller desde a acreditación do seu embarazo.
- As medidas á disposición da muller embarazada ou das nais para acceder ao emprego, a formación, as rendas mínimas de inserción social ou en materia de residencia.

PRIORIDADE NAS POLÍTICAS SOCIAIS DA XUNTA

Nas políticas sociais a Xunta de Galicia establecerá a prioridade das mulleres embarazadas sen recursos económicos para acceder ás prestacións e axudas das que se trata.

BENEFICIARIAS

1. Mulleres xestantes en especial situación de risco
2. Mulleres xestantes menores de idade
Durante o proceso de xestación e posteriormente, no caso de que se fixera cargo
da atención do seu fillo, terá dereito á flexibilización temporal do período de escolarización. Tamén se lle recoñece o mesmo dereito ao pai menor de idade que poida xustificar un comportamento de paternidade responsable.
3. Mulleres xestantes que se atopan cursando estudos
Para as mulleres embarazadas minores de trinta anos que se atopen cursando estudos implantarase un réxime especial de protección e unha asistencia específica que incluirá, polo menos, as mesmas prestacións que para as embarazadas menores de idade.
4. Mulleres xestantes con discapacidade
5. Mulleres xestantes inmigrantes

DOS RECURSOS

As convocatorias de axudas que efectúe a Xunta de Galicia en materia de servizos sociais deberán considerar a circunstancia prioritaria de que algunha das beneficiarias sexa unha muller xestante. Para estos efectos, computarase que a unidade familiar da que forma parte a muller embarazada está integrada por un o máis membros adicionais desde o momento da fecundación, dependendo do número de fillos que espere, sempre que na aplicación desta fórmula de obteña un maior beneficio.
A Xunta de Galicia fomentará prioritariamente programas de apoio á crianza destinados a familias con dificultades no exercicio das funcións parentais. Tamén impulsará a través da sensibilización social e das prestacións necesarias, a acollida familiar e a adopción como alternativas efectivas de integración familiar en todos os supostos nos que así o requira o interese superior dun menor.
O Consello da Xunta facilitará a creación de redes de voluntariado de apoio ás mulleres xestantes que as asistan durante a xestación e nos primeiros meses tras o nacemento, igual que apoiará as xa existentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA