A celebración do día dos Inocentes é unha tradición que ten as súas orixes na lenda da matanza de nenos que ordeou o rei Herodes co obxetivo de asasinar ao Neno Xesús. Tamén, esta festa popular ten unha orixe pagán que naceu na Idade Media, cando durante este día, preludio do Entroido, o desenfreno e o xolgorio eran os protagonistas, xa que todo estaba permitido e a culpa non recaía en ninguén.
Hoxe en día, a festa ten un sentido pagán, no que as persoas se fan bromas e engaños. Unha das bromas máis coñecidas son uns bonecos de papel que se enganchan na espalda de alguén en sinal de burla. Este día tamén é costume que os medios de comunicación publiquen unha noticia falsa e incrible, que os lectores teñen que averiguar. Ao día seguinte, os medios de comunicación desvelan cal era a noticia errónea.
As tecnoloxías van avanzando e hoxe en día están moi de moda outras inocentadas como as chamadas telefónicas e as mensaxes a móbil facéndose pasar por outra persoa que gastan unha broma ao inocente.. Tamén teñen moito éxito as novas exaxeradas sobre fichaxes de los grandes Clubes de fútbol.
|
|
Algunhas ideas pra hoxe....Preparar o almorzo Sorprende á túa familia e prepara o almorzo. Non olvides valeirar o azucreiro e rechealo con sal.
|
|
| Levantarse a tempo | Outro truco para o día dos santos inocentes é tan sinxelo como cambiar todos os reloxos. Ou ben os adianta, forzando que todo o mundo se levante dúas horas antes do normal. Ou ben os retrasa, e fai que todo o mundo chegue tarde. O mellor momento para cambiar os reloxos é cando todos están xa durmindo. E hai que cambialos todos para que sexa un éxito - despertadores, reloxes de man, teléfonos móbiles.... |
|
| |
Comentarios