QUE É UNHA FAMILIA NUMEROSA? E a unidade familiar formada por unha ou dúas persoas ascendentes con tres ou mais fillas ou fillos, sexan ou non comúns. E aquelas que estean formadas por: -Unha ou dúas persoas ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre e cando, como mínimo, unha filla ou fillo teña unha discapacidade ou estea incapacitada para traballar. -Dúas persoas ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, cando ambas teñan unha discapacidade ou estivesen incapacitadas para traballar, ou cando unha delas tivese un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. -A nai o pai separadas e separados ou divorciadas e divorciados, con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares ou non vivan no domicilio conxugal, sempre que estean baixo a súa dependencia económica. -Dúas ou máis irmás e irmáns orfos de nai e de pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acol...