ESQUECEÚSEME QUE TE ESQUECÍN



En setembro pasado foi publicado un artigo no Ideal Galego escrito por Manuel Monge, no que se expresaba que na cidade da Coruña ían colocarse novos nomes de rúas. O mesmo artigo tamén menciona que das seis rúas con novos nomes non figuraba ningunha muller. Esta tratábase dunha excelente oportunidade para tomar en conta que “as mulleres son máis da metade da poboación” como di o autor, e que logo, transitan o espazo público e constrúen unha historia nunha sociedade que se empeña en excluílas.
O colectivo feminino experimentou ao longo da súa historia esta sorte de “esquecementos”, aparentemente inocentes, pero que, no fondo encobren invisibilidade, falta de recoñecemento e ata omisión deliberada ante os logros das mulleres.
A igualdade tamén se recoñece no espazo urbano e hoxe constitúe un deber facer que esta non caia no esquecemento.

Foeminas

Artigo orixinal publicado no Ideal Galego escrito por Manuel Monge pode atoparse en:
http://www.memoriadacoruna.com/index.php?option=com_content&view=article&id=426:ruas-para-dez-mulleres&catid=48:semblanzas&Itemid=62

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA