8 DE MARZO ALMORZO SOLIDARIO CONTRA O CANCRO DE MAMA
Dentro das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade para apoiar actividades de solidariedade, o Centro de Información ás Mulleres organiza un almorzo solidario contra o cancro de mama, que terá lugar o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, de 8:30 a 14:30 horas, nas instalacións do Centro Social.
O cancro de mama e o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais.
En España diagnostícanse arredor de 22.000 novos cancros de mama ao ano, o que representa case o 33% de todos os tumores do sexo feminino no noso país. A maioría dos casos diagnostícanse entre os 35 e os 80 anos, cun máximo entre os 45 e 65. Se estima que o risco de padecer cancro de mama é de, aproximadamente, 1 de cada 8 mulleres.
Os beneficios do acto irán destinados á Asociación española contra o cancro.
O prezo da invitación e de 4 euros por persoa e deberá adquirirse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Silleda:
Rúa Chousa Nova, 67
Teléfono/Fax 98659203
Esperámosvos
Comentarios