











O Museo Thyssen Bornemisza de Madrid e a Fundación Caja Madrid presentan dende o 8 de marzo ao 5 de xuño de 2011
Heroínas, un percorrido pola representación da muller na arte occidental pero, nesta ocasión, o obxecto da exposición son as figuras de mulleres fortes: activas, independentes, desafiantes, inspiradas, creadoras, dominadoras, triunfantes, moi diferentes da muller seduotora ou compracente, vencida ou escravizada, modelos submisos e pasivos tradicionalmente asociadas á dos estereotipos dominantes.
Heroínas presenta preto de 120 obras, un completo catálogo de personaxes femininos de diversa índole e distintas épocas organizadas en dúas partes. Na primeira parte da exposición, no Museo Thyssen-Bornemisza, domina o poder físico das heroínas, a segunda parte, nas Salas da Fundación Caja Madrid, explora os poderes espirituais.
Comentarios