"PREMIOS IRENE: A PAZ COMEZA NA CASA" 2011

Convócanse os "Premios Irene: A paz comeza na casa" para o ano 2011 dirixidos a colaborar, dende o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.

Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como investigacións educativas que contribuan a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura de paz, co obxetivo de desenvolver estratexias de convivencia igualitarias entre mulleres e homes. Os traballos deberán terse realizado durante os dous anos anteriores a esta convocatoria e ter repercusión na teoría e/ou práctica educativa.

PARTICIPANTES

1. Profesorado e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensinanza españois, públicos ou privados, que estiveran en activo durante a realización do traballo que se presenta a concurso. Tamén poderán participar profesionais da educación externos ao centro de ensinanza.
2. Alumnado escolarizado en centros de ensinanza españois, públicos ou privados, no momento de realización do traballo que se presenta a concurso.
Máximo de tres traballos por centro.

DOTACIÓN ECONÓMICA

Modalidade de profesorado ou profesionais da educación:
-Primeiro premio: 10.000 euros.
-Dous segundos premios: 5.000 euros.
-Tres terceiros premios: 2.000 euros.

Modalidade de alumnado:
-Primeiro premio: 3.000 euros.
-Segundo premio: 2.000 euros.
-Terceiro premio: 1.000 euros.

SOLICITUDE E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Os traballos serán orixinais e inéditos.
Deberán presentarse obrigatoriamente a solicitude, un resumo do traballo que non supere a extensión de 30 páxinas e unha memoria extensa do traballo que se presenta.

PRAZOS

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación de esta resolución no "Boletín Oficial do Estado" e finalizará o 20 de setembro de 2011.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os traballos serán valorados segundo os criterios establecidos por un xurado constituído por 7 membros, tendo como presidente ao Director Xeral de Formación Profesional.

MÁIS INFORMACIÓN

O impreso para facer a solicitude de participación así como calquer outro dato pode atoparse no BOE número 100, do mércores 27 de abril de 2011. Resolución do 30 de marzo de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os "Premios Irene: A paz comeza na casa" para 2011.

CIM SILLEDA
Avda Chousa Nova 67
Tlf: 986.59.20.37

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA