MULLERES ESTRANXEIRAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

LEI ORGÁNICA 10/2011, DO 27 DE XULLO, DE MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 31 BIS E 59 BIS DA LEI ORGÁNICA 4/2000, DO 11 DE XANEIRO, SOBRE DEREITOS E LIBERDADES DOS ESTRANXEIROS EN ESPAÑA E A SÚA INTEGRACIÓN SOCIAL.

-Contempla que a autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais se conceda ás mulleres estranxeiras cando o procedemento penal conclúa, ademais de con sentenza condenatoria, cunha resolución xudicial da que se deduza que a muller foi vítima de violencia de xénero.

-Mellora a regulación do procedemento administrativo sancionador por estanza irregular en España das mulleres estranxeiras que sexan vítimas de violencia de xénero, prevista tanto na Lei Orgánica de Estranxeiría como no seu regulamento de desenvolvemento (aprobado polo Real Decreto 557/2011, do 20 de abril, que entrou en vigor o 1 de xullo de 2011). Así, prevé a non incoación do procedemento administrativo sancionador cando a estanza irregular da muller estranxeira póñese de manifesto ao denunciar a situación de violencia de xénero.
O procedemento administrativo sancionador por estanza irregular só se incoará ou, no seu caso, continuarase cando do procedemento penal concluído non puidese deducirse a situación de violencia de xénero (sentenza non condenatoria ou resolución xudicial da que non se deduza que a muller foi vítima de violencia de xénero).

-Confire rango de lei a determinadas cuestións da regulación da residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, incluídas no Capítulo II do Título V do Regulamento da Lei Orgánica de Estranxeiría.

-A concesión da autorización de residencia e traballo, por parte da autoridade competente, pasa de ser potestativa a obrigatoria.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA