AUDREY A ROMA







Para reforzar a súa aura de eternidade, a Roma non lle chega con explotar o seu incomparable legado histórico. Necesita vincularse a mitos máis recentes da cultura popular. E isto fai a capital italiana con Audrey Hepburn, na exposición presentada hoxe no museo do Ara Pacis, na que se mostran 140 imaxes, traxes, accesorios, obxectos persoais da actriz e vídeos familiares que percorren os case 20 anos que viviu en Roma, a que por decisión foi a súa cidade.

Para a mostra revisáronse arquivos dos anos 50, 60 e 70, pertencentes a "paparazzi", á Asociación de Reporteiros e ao Instituto Luce e Koball Collection.

A exposición coincide coa celebración dos 50 anos de "Breakfast at Tiffany,s", unha das películas que se proxectará no festival de cine de Roma, que se celebrará a finais de novembro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA