MARÍA EMILIA CASAS, ELEXIDA GALEGA DO ANO 2011


Ser a primeira muller en acceder á máis alta maxistratura do Estado español, o Tribunal Constitucional; xestionar a súa tarefa coas virtudes que conflúen na súa persoa de ampla formación académica e humanística, elevada capacitación científica, espíritu perfeccionista e defensora do diálogo e o consenso, así como a defensa que desde o seu posto fixo da condición da muller e fronte á violencia machista, son méritos que o xurado valorou por unanimidade para esta distinción. O xurado destaca tamén na galardoada a súa personalidade tolerante, equilibrada e prudente.

María Emilia Casas é Licenciada en Dereito con sobresaínte cum laude e premio extraordinario na Facultade de Dereito da Complutense de Madrid onde se doutorou con idéntica cualificación e premio, amais de licenciarse en Filosofía e Letras. Catedrática da Universidade na que se formou, pasou tamén polas universidades do País Vasco, Salamanca e Carlos III, onde foi vicerreitora

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA