22 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL POLA IGUALDADE SALARIAL ENTRE HOMES E MULLERES


O 3 de setembro de 2008, o Parlamento Europeo aprobou unha resolución sobre a igualdade entre mulleres e homes. No seu punto 14 pide ás institucións comunitarias e aos Estados membros que declaren o 22 de febreiro como Día Internacional da Igualdade Salarial. Así mesmo, asegúrase, que para xerar o crecemento e fomentar a economía social é fundamental aproveitar plenamente o significativo potencial das mulleres no mercado laboral.

A desigualdade salarial entre homes e mulleres é do 22%, ao que debemos sumar que soamente o 11% dos conselleiros nas empresas do Ibex-35 son mulleres.

Os últimos datos oficiais destacan que o soldo medio anual das mulleres é de 19.502 euros fronte aos 25.001 euros do dos homes.

Esta desigualdade salarial do 22%, segundo a Enquisa Anual de Estrutura Salarial con datos de 2009, é unha cifra que se suma á escasa presenza das mulleres nos posto de decisión das grandes empresas. Ao finalizar o último trimestre do ano pasado, soamente o 11,5% dos conselleiros nas empresas do Ibex-35 eran mulleres. Pola contra, a Lei de Igualdade sinala que esta porcentaxe debería ser dun 23% como mínimo.

A Enquisa Anual de Estrutura Salarial arroxa que o 15,2% das mulleres tivo en 2009 uns ingresos menores ou iguais ao Salario Mínimo Interprofesional e no caso dos homes a porcentaxe reduciuse ao 5,6%. Respecto da ganancia anual por hora normal de traballo, a desigualdade tamén se fai patente: as mulleres cobran de media 12,72 euros e os homes 15,12.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA