MARIE COLVIN. GUERREIROS DOUTRA ÉPOCA

A xornalista británica Marie Colvin faleceu nun bombardeo na cidade siria de Homs.
Marie Colvin pertencía a un tipo de xornalistas en vías de extinción: os enviados especiais; persoas que viaxan ás zonas de guerra, aos lugares máis perigosos, que arriscan a saúde, a vida, o equilibrio mental e o diñeiro das súas empresas, por contar o que sucede. Colvin morreu en Homs, un deses buracos infames nos que matan civís mentres o mundo civilizado discute o lugar exacto das comas e dos adxectivos nun comunicado de condena.
Colvin era a estrela do semanario The Sunday Times. Perdeu un ollo fai 11 anos en Sri Lanka; foi dos primeiros reporteiros occidentais en entrar na zona controlada pola guerrilla Tamil. Rupert Murdoch, dono do semanario, enviou o seu avión persoal para repatriar a Londres á súa xornalista ferida.
Estivo casada con Juan Carlos Gumucio, corresponsal do PAÍS en Beirut durante a guerra civil, e despois en Xerusalén, onde aprendeu a vivir sen a adrenalina do perigo constante. Alí coñecéronse e aprendéronse, tal vez no bar do hotel American Colony, a oficina preferida de Gumucio, un tipo grande, humano, querido.
Gumucio abandonou o seu Oriente Próximo con destino a Londres. Perseguía un amor, perseguía a Marie Colvin. A voda reuniu aos mellores xornalistas do mundo, aos máis valentes, aos máis tolos e bébedos. Aos dinosauros: representantes dunha era que se morre asfixiada pola crise, os erros e os tempos.
Era a cuarta voda de Gumucio quen levou demasiado lonxe o consello de Bernard Shaw: "O matrimonio é un erro que hai que cometer polo menos un vez na vida". Non durou moito esa unión imposible, pero sempre foron amigos. Foise primeiro Juan Carlos en Bolivia o 25 de febreiro de 2002, onde non esperou a que lle matasen, nin o inimigo nin o aburrimento. Agora morreu Marie Colvin en Siria, en Homs, nunha zona de guerra, xunto ao fotógrafo francés Rémi Ochlik, de 28 anos. Que descanse en paz.
Ramón Lobo.
Comentarios