AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2012
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj7FA0J9VCRrQrdoiykTMiRxunwyLnluJx0rXyN1gfoRBuBsdYEe093nqbpKhfqopsH4i9ZloZUSEup2kHSxIpCLujFkzqsYx2wic54CtvrlhENwm54-jdG9_x7FyapEBFJWbxdiS6X18g/s400/violencia+de+g%25C3%25A9nero.jpg)
A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
ORZAMENTO ano 2012: 1.276.650 euros.
CONTÍA DAS AXUDAS
1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e dos ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2012, de acordo coas seguintes especificacións:
1.1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:
a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.
b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: 650 euros/mes.
c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 700 euros/mes.
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros/mes.
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 800 euros/mes.
f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.
1.2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:
a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.
b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: 350 euros/mes.
c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 400 euros/mes.
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 euros/mes.
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 500 euros/mes.
f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.
Comentarios