OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E MOTIVACIÓN PARA O EMPREGO DESTINADO A MULLERES INMIGRANTES
A Concellería de Benestar Social e Igualdade asume como obxectivo fundamental o fomento da autoestima, confianza e habilidades comunicativas e sociais das mulleres inmigrantes en especial situación de vulnerabilidade; igualmente traballará o proxecto profesional deste colectivo coa finalidade de que se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de inserción social.
Con tal finalidade, os próximos días 6 e 7 de marzo o Centro de Información ás Mulleres organiza un Obradoiro de Autoestima e Motivación para o Emprego destinado a mulleres inmigrantes.
Obxectivos
-Fortalecer a autoestima.
-Profundizar no autocoñecemento.
-Traballar a vivencia psicolóxica e emocional dos procesos migratorios personais.
-Reflexionar sobre o concepto de identidade.
-Incrementar e mellorar as posibilidades de inserción no ámbito laboral.
-Facilitar e promover a diversificación profesional.
-Fomentar o coñecemento do medio para o ámbito profesional.
-Definir intereses e obxectivos profesionais.
Conceptos
-Identidade persoal, social e cultural.
-Autoestima, autoconcepto e confianza.
-As fases cronolóxicas e fases emocionais dos procesos migratorios.
-Elaboración dos duelos migratorios.
-Identificación das motivacións e intereses cara o emprego, en relación con motivos que impulsaron o proxecto migratorio.
-Detección dos intereses e preferencias profesionais, en xeral.
-Reflexión sobre as condicións, contextos de traballo e pefiles profesionais preferidos.
O horario será de 10:00 a 12:00
O prazo para a inscrición, que é gratuita, xa está aberto.
CIM SILLEDA
Chousa Nova, 67
Tlf: 986592037
Comentarios