PREMIO WONENBURGER 2012: María Tarsy Carballas



A Unidade de Muller e Ciencia, reunida onte en sesión plenaria en Santiago, acordou por unanimidade conceder o premio María Josefa Wonenburger 2012 a María Tarsy Carballas Fernández (Taboada, Lugo, 1934), doutorada en Farmacia e licenciada en Química pola USC. Os membros do pleno,  presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tiveron en conta na designación os méritos da dilatada e prolífica traxectoria da premiada, especializada na investigación edafolóxica para recuperar terreos en zoas afectadas polos incendios.
O acto de entrega do galardón a Tarsy Carballas terá lugar o vindeiro mes de setembro. Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade (Física), Teresa Miras Portugal (Farmacia), María Soledad Soengas (Bioloxía), Carmen Navarro (Medicina) e Ofelia Rey (Historia).
A Unidade de Muller e Ciencia creouse en 2007 cos obxectivos de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.
A presidencia do pleno da Unidade de Muller e Ciencia recae na secretaria xeral da Igualdade e as tres vicepresidencias no secretario xeral de Universidades, na directora da Amtega e no director xeral de I+D+i.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA