"COEDUCAMOS"
“COEDUCAMOS”
Dentro das iniciativas promovidas
polo Concello de Silleda para a promoción da igualdade entre homes e mulleres,
a Concellería de Benestar Social e Igualdade
pon en marcha o PROGRAMA
“COEDUCAMOS”, adicado a afianzar no ensino e na familia os valores e
prácticas coeducativas.
O programa consta de tres tipos
de actuacións:
1.
“Iguais ou diferentes?” Obradoiro de
coeducación destinado ás/ós alumnas/os da ESO.
2.
“Os saberes diarios” Obradoiro de
corresponsabilidade dirixido a nenos e nenas de primaria
3.
"Obradoiros de cociña para nenas/os e
adolescentes".
“IGUAIS OU DIFERENTES?
Trátase dunha
actuación baseada na liberdade persoal e que propugna valores como a ética do
consentimento, a autonomía emocional, a igualdade entre os sexos, a riqueza da
diversidade e a responsabilidade compartida. O noso reto é traballar tres
aspectos fundamentais: autoestima, coeducación e prevención de conductas
violentas.
A acción
desenvolverase no ámbito da comunidade educativa, concretamente no IES PINTOR
COLMEIRO e no COLEXIO MARÍA INMACULADA, baixo a supervisión do Centro de
Información ás Mulleres de Silleda, contándose con persoal con especialización
acreditada para impartir cada unha das sesións
SESIÓN PRIMEIRA COMÚN A PRIMEIRO E SEGUNDO DA ESO
“AUTOCOÑECEMENTO E AUTOESTIMA. QUÉROME?”
MARTES 16 OUTUBRO 15:00 HORAS
CHELO CAJIDE. DIRECTORA E PSICÓLOGA CIM TEO
SEGUNDA SESIÓN PRIMEIRO DA ESO
“DIFERENCIAS SEXO-XÉNERO: QUEN SON?”
SEMANA 22-28 OUTUBRO
CARMEN MIRANDA POSSE. DIRECTORA E ASESORA XURÍDICA CIM SILLEDA
SEGUNDA SESIÓN SEGUNDO DA ESO
“RELACIÓNS FAMILIARES: CORRESPONSABILIDADE”
MARTES 30 OUTUBRO 15:00 HORAS
BEATRIZ ALVARELLOS GONZÁLEZ. ASESORA XURÍDICA CIM LALÍN
TERCEIRA SESIÓN COMÚN A PRIMEIRO E SEGUNDO DA ESO
“TRATÁMONOS BEN”
MARTES 6 DE NOVEMBRO 15:00 HORAS
MARÍA TERESA ROCHA BLANCO. DIRECTORA E PSICÓLOGA CIM LALIN
IES PINTOR COLMEIRO
PRIMEIRA SESIÓN TERCEIRO DA ESO
“ A IMAXE CORPORAL”
MARTES 16 OUTUBRO 10:50 h-12:30 h
ANXOS GARCÍA FIDALGO. PSICÓLOGA CIM SILLEDA
SEGUNDA SESIÓN TERCEIRO DA ESO
“CORRESPONSABILIDADE. USO DO TEMPO E ESPAZO”
MARTES 30 OUTUBRO 10:50 h-12:30 h
SESIÓN ÚNICA CUARTO DA ESO
“ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN”
XOVES 25 OUTUBRO 10:50 h-12:30 h
“OS SABERES DIARIOS”
Cando falamos dos saberes de cada día, referímonos
a unha enorme rede de coñecementos que aplicamos de forma permanente na nosa
vida cotiá; son saberes que se aprenden na casa, no colexio, na rúa. Case
sempre por imitación e observación cara as persoas maiores. Esta actividade ten
un dobre obxectivo. Por unha banda recoñecer estes saberes como imprescindibles
para nosas vidas e por outra banda descubrir o valor engadido que levan en
canto moduladores das relacións entre as persoas que conviven nunha casa.
Tradicionalmente foron sempre as figuras femininas
quene coidaron aos e ás demais. É necesario agora transmitir esta
responsabilidade a todos e a todas; é o momento de xerar actitudes nos nenos e
nenas que teñan que ver co “mirar a outra persoa”, co coidado e limpeza de
espazos e obxectos comúns e coa realización individuale colectiva de
actividades das que toda a familia se beneficia.
A acción, dirixida a nenas e nenos do terceiro
ciclo de primaria, desenvolverase no CEIP DE BANDEIRA.
CEIP BANDEIRA
SESIÓN 1ª.
“OS SABERES COTIÁNS. QUÉN O FAI?”
MARTES 6 DE NOVEMBRO. 11:45 H
SESIÓN 2ª.
“A CORRESPONSABILIDADE”.
LUNS 12 DE NOVEMBRO. 11:45 H
SESIÓN 3ª.
“ORGANIZANDO AS TAREFAS”.
MÉRCORES 21 DE NOVEMBRO. 11:45 H
“OBRADOIROS DE COCIÑA
PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES”
Romper cos roles asignados a mulleres e homes pola
sociedade, sensibilizar pola educación en igualdade, mellorar a calidade
nutricional de nenas e nenos a través da educación e conciencialas sobre a
importancia de adquirir hábitos saudables, constitúen o obxectivo desta
actuación.
Ademais sensibilizaremos a
nenas/os e moza/os cara aos alimentos e a nosa cultura gastronómica. Animarémolos
a tocar, mirar, e desmenuzar e probar sen trabas. Atoparán diversos intereses
no que facemos porque todo resultaralles completamente familiar.
Os máis pequenos
descubrirán o que comen e realizarán todo o proceso da receita, coa
orintación das/os monitoras/es, escoitarán historias sobre a orixe dos
alimentos ou probarán produtos ou.... Cada un levará á súa casa o que
realizou así, esta vez, os proxenitores comerán o que elas/es cociñaron. Os/as
adolescentes empezarán a ser independentes na cociña porque é unha necesidade.
|
|
OBRADOIRO DOS MARTES PARA NENAS E NENOS |
IDADE Nenas e nenos de
5 a 10 anos
HORARIO Martes
de 17:00 h a 18:30 h
Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES
10 nenas e nenos
LUGAR DE DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓN Instalacións CIM Silleda
Chousa Nova, 67
986592037
PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o día 11 de Outubro
DATA DE INICIO Martes, 16 de Outubro
GRATUITO
OBRADOIRO DOS MÉRCORES PARA ADOLESCENTES
IDADE
Nenas e nenos de 11 a 16 anos
HORARIO Mércores de
17:30 h a 18:30 h
Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES 10 rapazas e rapaces
LUGAR DE DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓN Instalacións CIM
Silleda
Chousa
Nova, 67
986592037
PRAZO DE INSCRICIÓN Ata o día 11 de Outubro
DATA DE INICIO Mércores, 17 de Outubro
GRATUITO
Programa
subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e cofinanciado polo Fondo
Social Europeo
Comentarios