AMPLO RESPALDO DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL AO MATRIMONIO HOMOSEXUAL

 

O Tribunal Constitucional declarou que o matrimonio homosexual é compatible coa Constitución española, segundo o fallo da sentenza que os maxistrados acaban de votar e polo que se desestima un recurso interposto polo Partido Popular en 2005. A decisión saíu adiante por oito votos a favor fronte a tres en contra.
Foron só 18 palabras, introducidas no artigo 44 do Código Civil: "O matrimonio terá os mesmos requisitos e efectos cando ambos os contraentes sexan do mesmo ou diferente sexo". Con iso, España converteuse no terceiro país da Unión Europea que consagraba legalmente o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Durante o tempo de vixencia da norma celebráronse máis de 22.000 vodas homosexuais. 
A sentenza da que foi relator Pablo Pérez Tremps, non se coñecerá ata dentro duns días, cando estean redactados os votos discrepantes anunciados por Ramón Rodríguez Arribas, Andrés Oleiro e Juan José González Rivas. O maxistrado Manuel Aragón emitirá un voto concorrente, ao estar de acordo co fallo pero non coa totalidade da argumentación empregada.
Fontes do Tribunal adiantaron que o TC non advertiu obxeccións da entidade constitucional que impidan incluír ás unións entre persoas do mesmo sexo dentro da protección que dispensa o artigo 32 da Carta Magna, segundo o cal "o home e a muller teñen dereito a contraer matrimonio con plena igualdade xurídica". Ao seu parecer, é unha opción lexislativa, na que o TC non debe entrar, a regulación das formas e denominación das unións matrimoniais.
O fallo pivota esencialmente ao redor da consideración de que a regulación do matrimonio homosexual inscríbese na lóxica do mandato que a Constitución dá aos poderes públicos de promover as condicións para que a liberdade e  a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan "reais e efectivas", segundo señala o artigo 9.2.
www.elmundo.es
6/11/2012 
 







 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA