BOLSEIR@S
INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA
O Instituto Nacional de Estadística convoca cinco bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de postgraduados. O período de disfrute de cada unha das bolsas será de 12 meses, iniciándose o primeiro día do mes seguinte á comunicación da concesión da bolsa.
Requisitos das solicitudes: título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de Grao, que deberá terse obtido durante os tres anos anteriores á data da convocatoria da bolsa.
Prazo: 3 de decembro de 2012.
Información: BOE do 15 de novembro de 2012.
INSTITUTO NACIONAL DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
O INAP convoca seis bolsas destinadas a tituladas/os universitarias/os na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, e dúas destinadas a tituladas/os universitarias/os nas áreas de Biblioteconomía e Documentación, para formarse e levar a cabo tarefas de apoio relativas ás liñas principais de investigación no INAP.
A contía individual da bolsa será de 1.300 euros mensuais.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro de 2012.
Información: BOE do 10 de novembro de 2012
www.inap.es
Comentarios