VOLUNTARIADO E VIOLENCIA DE XÉNERO
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Igualdade, vén de poñer en marcha un programa de voluntariado en materia de violencia de xénero, que xa conta con preto de 1.000 inscritos no primeiro curso básico.
Tratase do primeiro programa destinado a crear unha bolsa de
voluntarios e voluntarias que estarán a disposición dos servizos
especializados, co obxectivo de realizar tarefas de acompañamento, apoio
e información ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Deste xeito,
os participantes estarán ao servizo da Rede Galega de Acollemento a
Vítimas da violencia de xénero -formada polas casas de acollida e o
centro de emerxencia- e da Rede de Centros de Información a Muller.
Os voluntarios e voluntarias contribuirán nas accións
informativas para que as mulleres vítimas de violencia de xénero coñezan
como actuar para a súa protección, ao mesmo tempo que exercerán labores
de acompañamento, co obxectivo de que as mulleres maltratadas poidan
contar co apoio dunha persoa voluntaria á hora de solicitar, por
exemplo, un parte de lesións, asistir a un xuízo de trámite ou presentar
unha denuncia. Cabe salientar que este acompañamento nunca debe
entenderse como un substituto dos recursos profesionais de asistencia
legal ou de apoio psicolóxico e social.
Sensibilización
Tamén realizarán tarefas de derivación e sensibilización que consistirán no apoio á persoa á hora de buscar alternativas a súa situación, a través da súa derivación cara aos servizos e programas de apoio e atención especializada. Nesta sentido xoga un papel moi importante a sensibilización, xa que é un problema que atinxe a toda a cidadanía.

Comentarios