BOLSEIR@S








CONVOCATORIA DE 74 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULAD@S UNIVERSITARI@S EN CENTROS E SERVIZOS DEPENDENTES DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

BOPDEPO, mércores 2 de xaneiro de 2013

Condicións d@s aspirantes

 Poderán ser beneficiari@s destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

1. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
2. Posuír o título de licenciad@, graduad@ ou diplomad@ nas áreas de coñecemento relacionadas para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
4. Non estar incapacitad@ físicamente, nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
5. Non ter sido beneficiari@ dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades, do sector público.
6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratad@ polo grupo 1 ou 2 de cotización.
7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
8. Estar dispost@ a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

 Dotación económica

800 euros/mes, cantidade incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
 
Presentación de solicitudes

As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, no rexistro xeral da institución provincial, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente.

Duración

Seis meses, prorrogables por otros seis por acordo da Xunta de Goberno, sempre que exista dotación orzamentaria.

Centros

AREEIRO 

- 4 licenciad@s e graduad@s en bioloxía, química, farmacia e ciencias ambientais.
- 3 enxeñeir@s técnic@s e superiores forestais e agrónom@s.
- 1 ensexeñeir@ superior e enxeñeir@ técnic@ en informática.

MOURISCADE

8 licenciad@s e graduad@s en química, tecnoloxía de alimentos, bioloxía, farmacia e enxeñería química.

DEPUTACIÓN

- 4 licenciad@s e graduad@s en dereito e ciencias políticas.
- 3 licenciad@s e graduad@s en económicas e empresariais.
- 3 graduad@s e diplomad@s en dirección e xestión pública.
- 1 licenciad@, graduad@ ou diplomad@ en biblioteconomía e documentación.
- 3 licenciad@s e graduad@s en filoloxía galega.
- 1 licenciad@ e graduad@ en xornalismo.   

PRÍNCIPE FELIPE

- 6 licenciad@s e graduad@s en pedagoxía, psicoloxía e graduad@s ou diplomad@s en educación social, graduad@s en educación infantil, graduad@s en educación primaria, mestr@ especialidade educación infantil, mestr@ especialidade educación primaria e mestr@ especialidade educación especial.
- 2 graduad@s e diplomad@s en traballo social.
- 2 licenciad@s e graduad@s en ciencias de actividade física e de deporte.

NNTT

3 enxeñeir@s en informática, telecomunicacións e enxeñeir@s técnic@s.

PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO

- 6 licenciad@s e graduad@s en historia.
- 6 licenciad@s, graduad@s e diplomad@s en biblioteconomía e documentación.   

INFRAESTRUTURAS

- 1 licenciad@ e graduad@ en historia da arteespecialidade arqueoloxía.
- 1 enxeñeir@ de camiños.
- 1 enxeñeir@ técnic@ de obras públicas e graduad@ en enxeñería civil.
- 6 licenciad@s e graduad@s en historia, especialidade arqueoloxía.
- 3 graduad@s e diplomad@s en restauración, especialidade arqueoloxía.

MUSEO

- 1 graduad@  e diplomad@ en conservación e restauración de bens culturais, especialidade escultura.
- 1 graduad@ e diplomad@ en conservación e restauración de bens culturais, especialidade arqueoloxía.
- 4 licenciad@s e graduad@s en historia da arte. 


CONVOCATORIA DE 195 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULAD@S UNIVERSITARI@S NOS CONCELLOS DA PROVINCIA
 
BOPDEPO, mércores 2 de xaneiro de 2013


Condicións d@s aspirantes

 Poderán ser beneficiari@s destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

1. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
2. Posuír o título de licenciad@, graduad@ ou diplomad@ nas áreas de coñecemento relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
4. Non estar incapacitad@ físicamente, nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
5. Non ter sido beneficiari@ dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades, do sector público.
6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratad@ polo grupo 1 ou 2 de cotización.
7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
8. Estar dispost@ a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Dotación económica

800 euros/mes, cantidade incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.

Presentación de solicitudes

As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, no rexistro xeral da institución provincial, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente.

Duración

Seis meses, prorrogables por otros seis por acordo da Xunta de Goberno, sempre que exista dotación orzamentaria.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA