BOLSEIR@S

 

ORDE DO 8 DE XULLO DE 2013 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE DETERMINAN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN PRAZAS DE PERSOAS COLABORADORAS-BOLSEIRAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA PARA O CURSO 2013/2014.

Prazas convocadas

Lugo                      Centro Residencial Xuvenil LUG     4
Ourense                 Florentino L. Cuevillas                     5
Vigo                       Altamar                                           6 

Requisitos das persoas solicitantes

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeir@ residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 en 31 de decembro do ano en curso.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídsa profesionais a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro. 

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

 Dereitos das persoas adxudicatarias

A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período de funcionamento, incluíndo o curso académico e o período de vacacións, que abrangue os doce meses do ano. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ao/á bolseiro/a a normal realización dos seus estudos.
DOG nº132 12/07/2013 
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA