BOLSEIR@S

 

BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN PARA TITULAD@S UNIVERSITARI@S. RESOLUCIÓN 15 XULLO 2013 

 Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo con principios de obxectividade e publicidade, catro bolsas destinadas a titulad@s universitari@s na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas; dúas destinadas a titulad@s universitari@s nas áreas de Biblioteconomía e Documentación, e dúas para titulad@s universitari@s nas áreas de  Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, para formarse e levar a cabo tarefas de apoio relativas ás liñas principais de investigación no INAP.

As catro bolsas para titulad@s universitari@s na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas divídense nos seguintes perfís e ámbitos de investigación en materia de Administración pública e que encaixan cos obxectivos definidos no Plan Estratéxico do INAP para os anos 2013-2015:

a) Estudos territoriais (1 bolsa).
b) Innovación administrativa (1 bolsa).
c) Innovación formativa (1 bolsa).
d) Ordenación e xestión de persoas (1 bolsa)

@s candidat@s poderán optar únicamente por un destes perfís.

Requisitos da persoa beneficiaria

Poderá ser beneficiari@ da bolsa calquera persoa de nacionalidade española ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea que obteña o título de Grao ou Licenciad@, Arquitect@ ou Enxeñeir@, dependendo da bolsa que solicite. Curso académico 2008-2009 ou posterior.

Duración das bolsas

1 ano, prorrogable por outro ano máis.

Dotación das bolsas

1.300 euros mensuais.
BOE Núm.175 23/07/2013     



  

    

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA