OS SABERES DIARIOS. OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES
Dentro do PROGRAMA “COEDUCAMOS”, promovido pola Concellería de
Benestar Social e Igualdade do Concello de Silleda, coa finalidade de afianzar
no ensino e na familia os valores e prácticas coeducativas, chega “OS SABERES DIARIOS”. OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS/OS E
ADOLESCENTES.
Romper cos roles asignados a
mulleres e homes pola sociedade, sensibilizar pola educación en igualdade,
fomentar a idea de que as tarefas domésticas no son cousa de mulleres senón de
persoas, mellorar a calidade nutricional de nenas e nenos a través da educación
e conciencialas sobre a importancia de adquirir hábitos saudables, constitúen o
obxectivo desta actuación.
A nosa proposta consiste en sensibilizar a nenas e
nenos, mozas e mozos cara aos alimentos
e nosa cultura gastronómica. As/os animaremos a tocar, mirar, desmenuzar e
probra sen trabas. Atoparán diversos intereses no que facemos porque todo
resultarálles completamente familiar.
As/os máis pequenas/os
descubrirán o que comen e realizarán todo o proceso da receita, coa orientación
das/os monitoras/es, escoitarán historias sobre a orixe dos alimentos, probarán
produtos.. ..Cada unha/un levará a súa casa o que realizou así, esta vez, os
proxenitores comerán o que elas/eles cociñaron. As/os adolescentes empezarán a
ser independentes na cociña porque é unha necesidade.
OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS E NENOS
IDADE Nenas e nenos de 4 a 10 anos
PRAZO DE
INSCRICIÓN Dende o 7 de agosto
LUGAR DE
INSCRICIÓN CIM SILLEDA. Chousa Nova, 67
TELÉFONO 986592037
GRATUITO
OBRADOIRO DE COCIÑA PARA ADOLESCENTES
IDADE Mozas e mozos de 11 a 17 anos
PRAZO DE
INSCRICIÓN Dende o 7 de agosto
LUGAR DE INSCRICIÓN CIM SILLEDA. Chousa Nova, 67
TELÉFONO 986592037
GRATUITO
Comentarios