SETE MÁIS UNHA PELÍCULAS. CINE E VIOLENCIA DE XÉNERO.

"A MULLER NO CINE" UPALUSA COMUNICACIÓNS AUDIOVISUAIS ASOCIACIÓN DE MULLERES DE SILLEDA LOCALES VIVENDAS SOCIAIS 21 NOVEMBRO, 17:00 HORAS Ao falar de cine quixéramos subliñar a súa importancia como un axente socializador de gran potencia porque mostra modelos de comportamento, produce reaccións, transmite crenzas e valores. Durante algún tempo considerouse como o máximo exponente da fuxida da realidade. Con todo, son moitas as persoas que agora o consideran como testigo do mundo e, neste sentido, convértese nun espello onde se reflicte a realidade social. As películas fan algo máis que entreter: ofrecen visións do mundo, mobilizan desexos e sensacións, inflúen nas nosas posi cións e percepcións da realidade e axúdannos a construír a sociedade. O obxectivo que nos plantexamos supón ref...