AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 2014






RESOLUCIÓN DO 16 DE ABRIL DE 2014, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2014.

FINALIDADE

A finalidade das axudas establecidas na lei orgánica é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

CONTÍA DAS AXUDAS

1. AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.

1.2. O importe desta axuda  será equivalente a 12 meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a)  Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b)  Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%. 

1.3. O importe desta axuda será equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a, e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.

1.4.  O importe desta axuda será equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar  e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.
b) Cando a vítima  de violencia de xénero  con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva  tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

2. AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ESTABLECIDAS NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

A contía da indemnización que se aboará será, sen prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta.
A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 euros por cada persoa beneficiaria.
DOG Núm. 77 Mércores, 23 abril 2014


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA