ELAS EN XUÑO


Unha moza india camiña de volta a súa casa cunha garrafa de auga potable na cabeza tras enchela nun grifo público nun barrio de chabolas nos arredores de Jammu .
CHANNI ANANA (AP)


 Un home leva unha moza ferida nun ataque bomba no distrito de Kallaseh, en Alepo, Siria
BARAA AL-HALABI (AFP)


Unha nena ante o retrato de Jomeini no santuario do Ayatolá no 25 aniversario da súa morte, en Teherán, Irán
JOHN MOORE (GETTY)


A raíña Isabel II e o seu esposo, na Royal Gallery durante a apertura do Parlamento na Cámara dos Lores no Palacio de Westminster
POOL


A daquela princesa de Asturias e o seu esposo nun acto polo Día Mundial do Medio Ambiente, en Madrid
ULY MARTIN


Unha muller le ante a tumba do seu irmán no Cemeterio Nacional de Seúl, a véspera do Día  dos Caídos en Corea do Sur
LEE SIN-MAN (AP)


A tenista rusa María Sharapova berra tras conseguir un punto durante a semifinal contra a canadiense Eugéne Bouchard no torneo Roland Garros, en París.
PASCAL GUYOT (AFP)


 Unhas nenas palestinas estudan o Corán nun campamento de verán organizado por Hamas en Gaza
MAHHUD HAMS (AFP)


 Unha muller durante a primeira xornada da tradicional competición hípica do Royal Ascot en Londres (Reino Unido).
ANDY RAIN (EFE)


Operarios do Museo Mauritshuis colgan o cadro "A xove da perla" de Vermer. O museo reabre na Haya tras unha remodelación de dous anos e 30 millóns de investimento
Museo Mauritshuis


Harriet, unha xirafa Masai, coida da súa cativa nada fai catro días no zoolóxico de San Diego.
KEN BOHN (AP)

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA