CONVOCATORIA DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E NA LEI GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
RESOLUCIÓN DO 25 DE MARZO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE
REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27
DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN
INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO
27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA
VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
Tipos de axudas
1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que
residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de
recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de
xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e
perdas ocasionadas como consecuencia da situación de violencia, fixadas
mediante sentencia xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia,
por parte do obrigado a satisfacelas.
Contía das axudas
Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de
decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.
1.2. O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a)
Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores
acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando
a vítima teña ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a, e unha
discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa
dependente.
1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou
menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha
discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas
dependentes.
b) Cando
a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o
familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido
oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Axudas
de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de
xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de
xénero
A contía da indemnización que se aboará será, sen
prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución
xudicial correspondente que quede pendente de pagamento logo da
declaración de insolvencia do obrigado a esta.
A contía máxima da indemnización establécese en 6000 euros por cada persoa beneficiaria.
DOGA Nº 62 1/04/2015
Comentarios