SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A MELLORA DO EQUIPAMENTO DOS CIM


RESOLUCIÓN DO 8 DE XULLO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A MELLORA DO EQUIPAMENTO DOS CIM ACREDITADOS AO ABEIRO DO DECRETO 182/2004, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

OBXECTO

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2015 de subvencións dirixidas a entidades locais de Galicia para a mellora do equipamento dos CIM. 

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán optar a estas subvencións as entidades locais de Galicia titulares de CIM acreditados ao abeiro do Decreto 182/2004 do 22 de xullo, polo que se regulan os CIM e se establecen os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento.

AXUDAS PARA O EQUIPAMENTO DOS CIM

1. Serán subvencionables as realizacións de investimentos nos CIM para a adquisición de equipamento informático (ordenadores, monitores, impresoras e similares), para a adquisición de equipamento de oficinas (fotocopiadora, fax e similares) e mobiliario (mesas, cadeiras e similares).
Non serán subvencionables os gastos de material para o normal funcionamento dos equipamentos informáticos, ofimáticos, transmisión e outros, a adquisición de soportes e memorias externas e de grabación en xeral, como os paquetes standard de Software e similares.

2. O orzamento máximo que unha entidade pode presentar para optar a esta axuda é de 36.000 euros.

3. Só serán subvencionables os investimentos realizados entre o 1 de xaneiro de 2015 ata o 30 de outubro de 2015.

4. A contía máxima da subvención por entidade beneficiaria será de 9000 euros.
    

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA