BOLSEIR@S

 

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DAS BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN225A).

Convocatoria e bases reguladoras

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio.

Ao  abeiro do disposto no artigo 37 bis da lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, reservarase o 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos nesta convocatoria, que accederán á quenda reservada só se non hai suficientes solicitudes de participación de mulleres. Se non hai suficientes solicitudes de mulleres, as prazas cubriranse con homes.

Obxecto e duración das bolsas de formación

As  bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxecto contribuir á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito.

A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estructuras comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias de comercio e artesanía sobre as cales o centro directivo ten competencia.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2016 cunha duración máxima de 12 meses.

Requisitos das persoas beneficiarias

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliad@ na CA de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciad@, arquitect@, enxeñeir@, ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior.

d) Non gozar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

f) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseir@.

h) Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiari@.

Dotación económica

Cada  bolsa está dotada cun importe máximo de 10.800,00 euros brutos, distribuidos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros mes.

Centro de destino e xornada

A  formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio en xornada de mañá.

Información ás persoas interesadas

Sobre este  procedemento administrativo, que ten o código IN225A, poderase obetr documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Consellería http://ceei.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.
b) No teléfono 981545599 da devandita Dirección Xeral.
c) No enderezo electrónico cei.dxcomercio@xunta.es
d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este o outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902120012).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. RESOLUCIÓN DO 16 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN NA ÁREA DE CIENCIA ECONÓMICA NO SECTOR PÚBLICO.

Duración e importe

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación d@ candidat@ seleccionad@ ao desempeño da bolsa na EGAP, e finalizará o 31 de decembro de 2016.

O importe da bolsa será de 1.100 euros brutos mensuais, 13.200 euros anuais.

Requisitos d@s solicitantes

- Acreditar ter terminados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditar a titulación de licenciatura ou grao en economía.    

- Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 

- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fora esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporarse a esta escola.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOGA desta convocatoria (DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016). 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA