PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. XUNTA DE GALICIA. 2016
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL. 2016.
OBXECTO
Esta orde ten
por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o
ano 2016 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que
teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a
empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema
nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes programas:
a) Programa de
incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas
inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa
transformación.
b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Persoas
empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que
adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as
comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por
conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na
CA de Galicia.
PRAZO DE PRESENTACIÓN. ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES.
Rematará o 30 de setembro de 2016.
Serán
subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefenidas
realizadas desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016
formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía
xuvenil.
Os
incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás
contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial,
incluída a modalidade de fixo-descontinuo, que realicen as empresas e as
entidades empregadoras con persoas mozas desempregadas inscritas no
sistema nacional de garantía xuvenil.
REQUISITOS
- A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.
- Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
- Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
- A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.
- As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
CONTÍA DOS INCENTIVOS
As
contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000
euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a
persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada o unha persoa en que
concorra algún dos factores de exclusión social.
No
caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en
empresas pertencentes a sectores estratéxicos, a contía do incentivo
será de 8.200 euros.
DOG 30 DECEMBRO 2015
Comentarios