SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL. XUNTA DE GALICIA.


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN216A).

Obxecto

Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

Contías da subvención

a) @s transmisor@s que  teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, que se fixa na cantidade de 800 euros.
b) @s transmisor@s que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, a razón de 800 euros mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida.
c) @s adquirentes do negocio comercial percibirán un  pagamento único de 2.000 euros.

Beneficiari@s

@s comerciantes  retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e que se dedique a él de xeito habitual, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita CA.
b) Ter unha idade mínima de 64 anos na data en que se presente a solicitude.
c) Exercer, como titular de comercio, de forma ininterrumpida, durante os últimos 10 anos.
d) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da SS nos últimos anos.
e) Designar persoa física continuadora de actividade.

En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que trasmite a actividade comercial.

Prazo

Remata o 31 de agosto de 2016. 

Información ás/aos interesad@s

a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es 
b) Páxina web oficial  da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://ceei.xunta.es na súa epígrafe de axudas.
c) No teléfono 981545915 da Dirección Xeral de Comercio.
d) No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es.
e) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este o outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde o resto de Estado: 902120012). 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA