AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO ÁS MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2016




RESOLUCIÓN DO 5 DE ABRIL DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO Á MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.
Requisitos das solicitantes
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sean  de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
 
Contía das axudas
1. Se os ingresos da solicitante son iguales ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.
 
a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 650 euros/mes.
c) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 700 euros/mes.
d) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 700 euros/mes.
e)  Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles  ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 800 euros/mes.
f) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.
 
2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.

a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 350 euros/mes.
c) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 400 euros/mes.
d) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 400 euros/mes.
e)  Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida e algunha ou algún deles  ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 500 euros/mes.
f) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.
DOG nº 72. VENRES, 25 DE ABRIL DE 2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA