SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que deselvonvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
- Carecer de fins de lucro.
- Ter a súa razón social ou delegación na provincia de Pontevedra.
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei.
- As entidades deben estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e co organismo provincial.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Proxectos ou actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero.
- Proxectos de atención integral para vítimas de violencia machista, fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo.
- Programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades.
- Proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes.
- Proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres.
- Accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
- Campañas de difusión e sensibilización a cidadanía en materia de igualdade.
IMPORTE
A contía máxima de subvención a cada entidade non poderá superar os seis mil euros (6.000 euros).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
30 días naturais, contados a partir do día da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Luns, 18 de abril de 2016
Comentarios