SEMINARIOS DE PREFORMACIÓN LABORAL





O CIM de Silleda inicia os SEMINARIOS DE PREFORMACIÓN LABORAL, dirixidos a potenciar a participación das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social de Silleda e consolidar unha organización empresarial máis comprometida coa igualdade de xénero.

Á dureza da vida cotiá nun medio onde en non poucas ocasións aínda prodúcese un déficit de servizos, súmase a continuidade de situacións que dificultan que as mulleres rurais poidan exercer os seus dereitos laborais, sociais e económicos en igualdade de condicións que os homes. Para procurar unha maior incorporación da muller rural ao mercado laboral son indispensábels  actuacións de preformación laboral, dirixidas a mellorar actitudes e destrezas, así como desenvolver  habilidades e capacidades para a busca activa de emprego.

PROGRAMACIÓN

BLOQUE I: AUTONOMÍA EMOCIONAL
Contidos
·         Autocoñecemento
·         Autoestima
·         Automotivación
·         Responsabilidade
·         Optimismo ou actitude positiva
·         Resiliencia
Datas e horas: 12, 19 e 26 de maio, 2 e 9 de xuño, ás 11:00 horas, na Casa de Cultura de Silleda.

BLOQUE II: CONCIENCIA E REGULACIÓN EMOCIONAL
Contidos
·         Relacións entre emocións, pensamento e comportamento.
·         Expresión emocional apropiada.
·         Regulación das emocións –autorregulación-.
·         Habilidades de afrontamento.
Datas e horas: 16 e 23 de xuño, ás 11:00 horas na Casa de Cultura de Silleda.

BLOQUE III: COMPETENCIAS SOCIAIS
Contidos
·         Manexo das habilidades sociais básicas.
·         Prosocialidade e cooperación.
·         Comunicación.
·         Prevención e resolución de conflictos
Datas e horas:  30 e 7 de xullo, ás 11:00 horas na Casa de Cultura de Silleda.

BLOQUE IV: COMPETENCIAS PARA A VIDA – PLAN DE ACCIÓN
Contidos
·         Motivación
·         Formulación de obxectivos realistas e adaptativos.
·         Toma de decisións.
·         Participación social, crítica e responsable.
·         Establecemento dun plan de acción.
Datas e horas: 14 e 21 de xullo, ás 11:00 horas  na Casa de Cultura de Silleda.

20 PARTICIPANTES
PRAZO DE INSCRIPCIÓN: 6-11 DE MAIO. CIM SILLEDA, Chousa Nova 67. 986592037.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA