SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO


RESOLUCIÓN DO 27 DE ABRIL DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. 2016 E 2017.

OBXECTO

Aprobar as bases reguladoras e convocar para os anos 2016 e 2017, subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na CA de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser destinatarias das subvencións as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución, e de xeito particular:

a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuñp, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

PERSOAS DESTINATARIAS FINAIS

Mulleres vítimas de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS DOS PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL

2.1. Itinerario de inserción

a) Diagnóstico competencial e deseño dun plan de acción personalizado para a busca de emprego para cada participante: entrevista individualizada en profundidade a cada unha das participantes para obter toda a información acerca dos recursos de que dispón, as súas aptitudes e actitudes para o emprego, dispoñibilidade horaria, formación, experiencia laboral...

b) Orientación profesional e asesoramento laboral para o emprego: obradoiros de entrevista, elaboración CV, técnicas de búsqueda de emprego, asesoramento formativo, etc. 

c) Busca activa de emprego con acompañamento e seguimento da dita busca, así como seguimento inicial no posto de traballo.

d) Intermediación laboral e contacto con empresas xestionando as posibles ofertas.

e) Asesoramento/apoio na empresa en prácticas profesionais non laborais ou similar.

f) Prosprección de emprego.

g) Seguimento da inserción nas empresas e avaliación do traballo realizado.

2.2. Formación para o emprego 

2.3. Actuacións de apoio a conciliación.

DETERMINACIÓN DO IMPORTE DAS SUBVENCIÓNS

A. Módulo para o itinerario de inserción

19,62 euros/hora, incluído o 20% en concepto de gastos directos e indirectos derivados da actuación, de traballo efectivo realizado por cada profesional técnico/a titulado/a que leve a cabo as actuacións de atención directa ás mulleres usuarias, ata un máximo de 1.720 horas, por profesional, para o período subvencionable de 12 meses, que se corresponden coa dedicación dun/unha profesional a xornada completa (máximo de 1.003 horas para o período comprendido entre o 1 de maio de 2016 e o 30 de novembro de 2016 e de 717 horas para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de abril de 2017). Neste suposto será necesario acreditar durante todo o programa, un número mínimo de 40 mulleres participantes, das cales o 60% (24) deberán ter realizadas, polo menos, seis intervencións presenciais das recollidas no seu itinerario de inserción.

B.1. Módulo para accións de formación

4,5 euros/hora/participante, agás en accións formativas que precisen para o seu desenvolvemento dun equipamento especial, caso en que acadará un importe de 6,75 euros/hora/participante.

O importe máximo deste módulo será de 16.000 euros por acción formativa, cando teñan dereito a certificación acreditativa da súa realización un número de cinco participantes.

B.2. Módulo de bolsas por asistencia ás accións formativas que teñan como finalidade adquirir as competencias clave, a formación linguística, formación en coaching e/ou intelixencia emocinal ou a formación relativa ás características da sociedade de acollida no caso de mulleres inmigrantes. 
4,5 euros/día de asistencia/participante cun importe másximo do 20% do importe total da acción formativa.

B.3. Módulo de formación práctica non laboral en dependencia dunha empresa: 3 euros/hora/participante. 

C. Módulo para medidas de apoio  á conciliación: 13,75 euros/hora e persoa/s usuaria/s.

Adicionalmente, no suposto de que sexa necesario o desprazamento ao domicilio da persoa á cal se lle vai prestar o servizo, pagaranse as seguintes cantidades:

-1,5 euros/día de asistencia en caso de utilización de transporte público urbano.
-0,19 euros/kilómetro se se utiliza un vehículo particular.
-Custo real do desprazamento se se usa transporte público interurbano. 

 


   
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA