AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES 2016
RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2016.
a) LIÑA 1: Consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
b) LIÑA 2: Promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienzación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación dsa mulleres en todos os ámbitos.
Cada asociación ou federación só poderá presentar solicitude de axuda para unha das liñas previstas no número 1 anterior.
Beneficiarias
Asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas na convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular as seguintes:
a) Ter domicilio social en Galicia.
b) Estar legalmente constituídas.
c) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
d) Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuir a promover a igualdade entre homes e mulleres e potenciar a participación e presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
e) As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.
f) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Contía
Máxima de 3.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de xullo de 2016
Comentarios