BONO COIDADO. AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A ATENCIÓN A DOMICILIO DE NENAS E NENOS MENORES DE 3 ANOS.


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 11 DE AGOSTO DE 2016 POLA QUE SE ESTABLECEN AS AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A ATENCIÓN A DOMICILIO DE NENAS E NENOS MENORES DE 3 ANOS A TRAVÉS DO PROGRAMA BONO COIDADO.

 OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás familias con nenas e nenos menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

PERSOAS BENEFICIARIAS 
Nais/pais, titoras/es, ou as persoas acolledoras de nenas/nenos menores de tres anos residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita. 

TIPO DE AXUDA E CONTÍA  
A axuda consistirá nunha achega para conrtibuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:

a) Enfermidade do/a menos e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.
c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención da/o nena/o polos membros da unidade familiar.

Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017). 

A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 euros/hora.
b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 euros/hora.
c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 euros hora.
d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites: 7 euros hora.

O período subvencionable será o que vai desde o 27 de agosto de 2016  ata o 1 de decebro de 2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
Desde o 27 de agosto de 2016  ata o 30 de setembro de 2017
DOG Núm.161 Venres, 26 de agosto de 2016 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA