MATERIA DE IGUALDADE DE XÉNERO: PRIMEIRO E/OU SEGUNDO CURSO DA ESO.



CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE DO 13 DE XULLO DE 2016 POLA QUE SE AMPLÍA A RELACIÓN DE MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA DE ELECCIÓN PARA OS CENTROS DOCENTES NAS ESTAPAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO E SE REGULA O SEU CURRÍCULO E A SÚA OFERTA.

Os centros docentes, ademais das materias establecidas na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta, poderán ofrecer, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, as seguintes materias: 
  • Igualdade de xénero: Poderá ofrecerse en primeiro e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Obradoiro de música: Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Eletrotecnia: Segundo curso de bacharelato.

IGUALDADE DE XÉNERO


A materia estrutúrase en catro bloques diferenciados:

BLOQUE 1. A CONSTRUCIÓN SOCIAL DAS IDENTIDADES SEXUAIS E DE XÉNERO 
     
    CONTIDOS

 1.1 Sociedade e xénero. Diferenza entre sexo e xénero. 
 1.2. Igualdade formal e igualdade real.
 1.3 Feminismo e machismo.
 1.4. Sexismo, roles de xénero e estereotipos.
 1.5. O proceso de socialización. Interiorización dos roles de xénero.
 1.6. A construción das identidades sexuais e de xénero na adolescencia. Consecuencias no            proceso vital.
 1.7. Estereotipos de masculinidade, feminidade, maternidade e paternidade. Diversidade de modelos familiares.
  1.8. Os axentes de socialización na transmisión de estereotipos e prexuizos sexistas.

    CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1 Comprender os conceptos básicos do ámbito da igualdade aplicándoos á vida real.
1.2.Comprender o proceso de socialización na construción das identidades de xénero.
1.3.Analizar tipos de familia do contorno máis próximo, rexeitar situacións de discriminación e desigualdade e identificar a influencia dos diversos axentes de socialización (TV, prensa, noticias en internet...).

     ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

1.1. Observa as diferenzas nas escollas entre mulleres e homes en situacións reais no ámbito do lecer (xogo, deporte...).
1.2. Analiza as causas que determinan as escollas das mulleres e dos homes.
1.3. Valora a igualdade na toma de decisións e rexeita estereotipos e prexuízos sexistas. 
1.4.  Compara os modelos de comportamento que representan homes e mulleres no seu contorno (familia, escola, amizades...) e analiza como inflúen no proxecto de vida.
1.5. Identifica distintos modelos de familias e recoñece estereotipos na sociedade, poñendo exemplos tirados de distintos ámbitos (familia, escola, amizade, medios de comunicación...).
1.6. Participa, de maneira activa, nos diálogos  propostos na clase, respectando as normas de interacción, intervención e cortesía, e realiza produtos (textuais, gráficos e audiovisuais) cooperando con actitudes igualitarias.

BLOQUE 2. RELACIÓNS DE XÉNERO E AFECTIVIDADE.

CONTIDOS

2.1. As relacións entre sexos: expresión das emocións e dos afectos.
2.2. Atracción, mitos e modelos de amor.
2.3. As relacións de parella e relacións de poder.
2.4. Outras alternativas: novas masculinidades e feminidades.
2.5. A construción social da sexualidade desde a perspectiva de xénero.
2.6. As relacións afectivas e sexuais; o papel do home e da muller na sexualidade dominante.
2.7. Orientación e identidades na sexualidade: construción social desde estereotipos de xénero.
2.8. O trato igualitario nas relacións afectivas e sexuais.
2.9. Respecto e comprensión nas relacións afectivas entre os sexos.
2.10. Estratexias de análise e resolución de conflitos.
2.11. Novas maneiras de relacionarse: oportunidades e riscos para a igualdade no mundo dixital.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

2.1. Recoñecer situacións de desigualdade na expresión das emocións e dos afectos e propoñer alternativas desde o respecto.
2.2. Recoñecer a sexualidade e a súa construción como un proceso persoal e vital e rexeitar condicionamentos non igualitarios na súa expresión e desenvolvemento respecto do modelo dominante.
2.3. Comprender e valorar novas maneiras de relacionarse e de convivir desde o trato igualitario e positivo e transferir as estratexias e aprendizaxes á propia realidade persoal.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

2.1. Nomea distintos estados emocionais e pon exemplos en situacións reais ou simuladas de relacións afectivas con trazos negativos ou de dependencia.
2.2. Distinguir distintos tipos de relacións afectivas entre persoas (amizade, atracción, relación de parella) a partir de situacións dadas.
2.3. Identifica modelos de relación tradicionais de parella a partir de exemplos reais que propoñan ou situacións simuladas.
2.4. Compara distintos modelos de relacións, a partir de diferentes produtos audiovisuais (curtas, series TV, música...), identifica os seus condicionamentos e valora a diversidade.
2.5. Identifica e diferencia distintos ámbitos de sexualidade a partir de exemplos reais ou simulados adecuados para a súa etapa evolutiva, recoñece estereotipos culturais e posibles desigualdades.
2.6. Compara os roles do home e da muller nas relacións afectivas e sexuais no modelo dominante a través de imaxes ou vídeos propostos. 
2.7. Identifica condutas e estratexias de respeto e comprensión nas relacións afectivas e sexuais a partir de casos prácticos ou debates.
2.8. Procura fórmulas para resolver os conflictos a través da escoita activa, a asertividade, a empatía e o diálogo construtivo.
2.9. Identifica as posibilidades que ofrecen as TIC como medio de comunicación e interacción entre iguais a través de exemplos comúns e utilízaas sen incorrer en desigualdades nin riscos para a propia integridade e a dos demais.
2.10. Participa de maneira activa nos diálogos propostos na clase, respectando as normas de interacción, intervención e cortesía, e realiza produtos (textuais, gráficos e audiovisuais) cooperando de xeito igualitario.

BLOQUE 3. DA DISCRIMINACIÓN Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

CONTIDOS

3.1. Dereitos humanos e igualdade. A evolución e a conquista dos dereitos.
3.2. O principio de igualdade e non discriminación. 
3.3. Evidencias da discriminación das mulleres nos ámbitos público e privado.
3.4. Visibilidade das mulleres nos distintos eidos (historia, cultura, ciencia...) e recoñecemento da súa contribución en diversas esferas sociais.
3.5. A linguaxe inclusiva desde a perspectiva de xénero. Criterios de uso.
3.6. Alternativas para acadar a igualdade real de mulleres e homes (políticas sociais, cambio xeracional, cambio persoal...).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

3.1. Coñecer os dereitos humanos fundamentais.
3.2. Extraer conclusións sobre a diferente participación de homes e mulleres nos distintos ámbitos sociais.
3.3. Identificar a participación de mulleres e homes nos ámbitos público e privado, recoñecendo a diversidade de situacións discriminatorias cara ás mulleres e analizando as consecuencias negativas para o desenvolvemento da autonomía persoal.
3.4. Coñecer e valorar o papel das mulleres ao longo da historia e no tempo contemporáneo, así como o proceso de ocultación sufrida. 
3.5. Coñecer e aplicar os mecanismos de uso da linguaxe inclusiva.
3.6. Incorporar as principais aprendizaxes á realidade persoal e social.

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

3.1. Identifica fitos na consecución de dereitos ao longo da historia da humanidade.
3.2. Compara a adquisición dos dereitos por parte das mulleres e dos homes e recoñece as situacións discriminatorias que dan lugar á vulneración de dereitos humanos a través de exemplos concretos: dereito ao voto, á educación, á representación pública.
3.3. Busca e selecciona mostras da desigualdade por razón de sexo e xénero a través de diferentes exemplos: na división sexual do traballo, no acceso ao mundo laboral, salarios, masculinización e feminización dos perfís profesionais, corresponsabilidade no ámbito doméstico, uso desigual dos espazos e aproveitamento dos tempos de ocio, uso das novas tecnoloxías, feminización da pobreza...
3.4. Valora os dereitos acadados para o desenvolvemento e a autonomía persoal.
3.5. Participa de maneira activa nos diálogos propostos na clase, respectando as normas de interacción, intervención e cortesía, e realiza produtos (textuais, gráficos e audiovisuais) cooperando con actitudes igualitarias.
3.6. Consulta e utiliza, de forma autónoma, fontes de información básicas (dixitais e outras) para a realización de traballos sinxelos sobre o labor de mulleres representativas nalgúns dos campos de coñecemento, da realización persoal, do lecer...
 3.7. Identifica os recursos lingüísticos que contribúen a visibilizar as mulleres no discurso a través do uso dunha linguaxe inclusiva.
3.8. Incorpora, de xeito gradual, a linguaxe inclusiva nas súas intervencións orais e producións escritas.
3.9. Identifica actitudes positivas propias o no seu contorno situacións de cambio que conduzan á igualdade entre os sexos.
3.10. Realiza propostas para conseguir a ampliación de dereitos e acadar así a igualdade real e efectiva, así como a visibilidade social da muller.

BLOQUE 4. CARA A UNHA SOCIEDADE SEN VIOLENCIA MACHISTA
 
CONTIDOS
 
4.1. A violencia machista como consecuencia da desigualdade. A escalada da violencia machista: desde o micromachismo á agresión.
4.2. Identificación e recoñecemento de distintos tipos de violencia machista. As consecuencias nas persoas que a sofren.
4.3. Sinais de alerta na mocidade. Detección e prevención de condutas violentas en relación con xénero.
4.4. Rexeitamento das condutas violentas por razón de xénero.
4.5. A trata de persoas e a escravitude sexual como forma de violencia contra as mulleres.
4.6. Solucións para saír da espiral da violencia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

4.1. Comprender que as distintas desigualdades derivan en discriminación e violencias.
4.2. Identificar, recoñecer e analizar as consecuencias dos distintos tipos de violencia machista.
4.3. Identificar os diversos sinais de alerta para detectar e prever a violencia machista nas relacións interpersoais propias e/ou do seu contorno.
4.4. Buscar exemplos de trata de mulleres e nenas en distintos medios audiovisuais e escritos.
4.5. Demostrar solidariedade con todas as vítimas da violencia machista.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

4.1. Identifica e xerarquiza feitos, actitudes e comportamentos discriminatorios e relaciónaos coa violencia machista.
4.2. Identifica algúns tipos de violencia a partir de  exemplos diversos e clasificaos (violencia psicolóxica, física...).
4.3. Recoñece o ciclo de violencia a partir de situacións de agresións propostas.   
4.4. Recoñece os sinais de alerta que permiten distinguir un caso de violencia machista identifícaos en casos prácticos e denuncia as condutas violentas.
4.5. Participa, de maneira activa, nos diálogos propostos na clase, respectando as normas de interacción, intervención e cortesía, e realiza produtos (textuais, gráficos e audiovisuais) cooperando con actitudes igualitarias.
4.6. Busca exemplos da trata de persoas e da escravitude sexual nos medios de comunicación.
4.7. Realiza un produto (cartel, folleto, presentación, artigo xornalístico, blog...) que expoña de xeito sinxelo e positivo mensaxes e propostas de solución para afrontar as situacións de violencia machista.
4.8. Incorpora de xeito grdual, a linguaxe inclusiva nas súas intervencións orais e producións escritas. 
 

  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA