PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE), A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL NAS PEMES GALEGAS. 2016


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 1 DE XULLO DO 2016 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL E EMPRESARIAL (RSE), A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL NAS PEMES GALEGAS, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2016.

LIÑAS E PROGRAMAS

 As actuacións obxecto de axudas desagréganse nas liñas I, II e III :

a) Liña I. Implanatción da RSE.
b) Liña II. Elaboración e implantación de plans de igualdade.
c) Liña III. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
  1º. Programa 1. Incentivos económicos para o fomento de teletraballo e da flexibilidade horaria.
  2º. Programa 2. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo.

REQUISITOS XENÉRICOS DAS EMPRESAS BENEFICIARIAS

As pequenas e medianas empresas  (pemes), nesta consideración inclúense microempresas e persoas traballadoras autónomas con traballadores e traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.

Ademais, as solicitantes deben reunir as seguintes condicións:

a) Que conten con persoas traballadoras por conta allea, cun máximo de 250 persoas. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea no momento da presentación da solicitude.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non poden ser entidades sen ánimo de lucro nin entidades públicas.
d) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.

LIÑA I. IMPLANTACIÓN DA RSE

 Requisitos específicos  para as empresas beneficiarias. 
 
 Contar como mínimo, cunha empresa traballadora por conta allea, e implanten a RSE na súa xestión.

Actividade subvencionable e contía da axuda

Terá a consideración de actividade subvencionable a obtención das certificacións das normas ou estándares mediante o pagamento do 100% dos custos que leve consigo o ditp proceso, cun máximo de 2.500 euros por empresa. Os orzamentos presentados coa solicitude, en ningún caso, deberán superar os prezos de mercado existentes no ano 2016.

LIÑA II. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE.

Requisitos das empresas beneficiarias

Serán beneficiarias de esta liña as empresas que, ademais dos requisitos xerais, conten cun mínimo de 5 persoas traballadoras por conta allea e que elaboren e implanten dun xeito voluntario ou, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade.

Os plans de igualdade elaborados deberán ser acordados entre a empresa e a representación legal do seu persoal, no caso de habela, ou coas persoas traballadoras, e prever a súa participación no seu desenvolvemento.

Contía da subvención

A contía da axuda será o pagamento do 100% dos custos que leve consigo o dito proceso, cun máximo de 2.000 euros por empresa. Os orzamentos presentados, en ningún caso, deberán superar os prezos de mercado existentes no 2016.

Cada empresa só poderá ser beneficiaria destas axudas por unha soa vez.

LIÑA III. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL.

Programa 1. Incentivos económicos para o fomento de teletraballo e da flexibilidade horaria.

Empresas beneficiarias

Aquelas empresas que ademais de reunir os requisitos xerais:

a) Formalicen, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferiro a un ano, cunha traballadora ou cun traballador vinculado á empresa por contrato laboral, ou ben un acordo colectivo cos seus traballadores e traballadoras.
b) Contraten persoal na modalidade de teletraballo e establezan co traballador/a un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a un ano.

No caso de incentivos para fomentar a adopción de medidas de flexibilidada horaria, poderán ser beneficiarias as empresas que, ademais de reunir os requisitos xerais, establezan en convenio colectivo de empresa ou mediante acordo entre a empresa e os/as representantes do persoal ou, no seu defecto, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria, tales como sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, traballo a tempo parcial, empregos compartidos, permisos especiais no caso de emerxencias familiares, etc e por un período non inferior a un ano.

Contía

No caso de teletraballo, as axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por traballadora ou traballador cun acordo, individual ou colectivo, de teletraballo, formalizado nun contrato de teletraballo, ben por adaptación do contrato que tiña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.

O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é, polo menos, igual á masculina.

No caso de flexibilidade horaria, as axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.

O incentivo incrementarase en 1.000  euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é, polo menos, igual á masculina.  

Requisitos dos acordos de teletraballo e de flexibilidade horaria    

O acordo de teletraballo reflectirá que a súa finalidade é a conciliación e, como mínimo, as condicións laborais das persoas traballadoras nas instalacións da empresa. Establecerá o lugar de traballo; a accesibilidade do traballador ou traballadora a requirimento da empresa, vacacións e retribucións; os métodos de traballo polos que fixará o sistema formalizado de traballo, quen recibe ou supervisa o traballo, de que forma e os tipos de comunicación; sistema de prevención de riscos laborais; establecerá os custos variables, tales como electricidade, teléfono, material de oficina, funcionamento do equipo, ou seguros derivados da realización do traballo e o sistema de reembolso ou compensación. A propiedade do equipo de traballo obxecto de axuda e o seu mantemento correspoden á empresa. No citado acordo recolleranse tamén aqueles aspectos relativos ás claúsulas de confidencialidade e aquelesoutros aspectos necesarios para o óptimo desenvolvemento do posto de traballo.

O teletraballo pode formar parte da descrición inicial do posto de traballo ou se pode iniciar posteriormente, deben en ambos os dous casos documentarse mediante o "acordo individual de teletraballo". O paso a teletraballo en si non modifica o estatuto laboral da persoa traballadora.

A empresa facilitará ás persoas teletraballadoras e aos representantes dos traballadores información acerca das condicións de seguridade e saúde laboral en que se deba prestar o teletraballo. O desenvolvemento do teletraballo no domicilio do traballador unicamente será posible cando o dito espazo resulte axeitado ás exixencias de seguridade e saúde laboral.

O acordo de flexibilidade horaria reflectirá, como mínimo, as condicións laborais do persoal da empresa, polo que establecerá o lugar de traballo, o horario establecido, os permisos existentes, vacacións, retribucións, etc.; así como o detalle das medidas de flexibilidade horaria implantadas.

Programa 2. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo.

Empresas beneficiarias

As empresas que ademais de reunir os requisitos xerais:

a) Conten cun mínimo dunha persoa traballadora por conta allea.
b) Pertenzan a sectores non tecnolóxicos da economía.

Actividades subvencionables

Adquisición de elementos tecnolóxicos físicos tales como: ordenador persoal, para o acceso a internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas a desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral e familiar.   

Contía das axudas   

Subvención de ata o 80% do investimento, e por unha soa vez, co tope de 1.500 euros por traballadora ou traballador e como límite máximo de 5.000 euros empresa.

A intensidade da axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

PRAZO DE PRESENTACIÓN  

Rematará nun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da norma no DOG. 
 DOG Núm. 142
Xoves, 28 de xullo de 2016 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA