AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, 2017
RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA
QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27
DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO,
GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO
2017.
Tipos de axudas
1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas
de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e
acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter
un emprego.
2. Axudas de
indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os
menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionadas como
consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no
caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
Contía das axudas
Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro,
de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis
meses do subsidio por desemprego vixente.
1.2. O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio
por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña a cargo un familiar ou
menor acollido/a.
b) Cando a vítima, sen responsabilidades
familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio
por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou
máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando a vítima teña ao seu cargo un familiar
ou menor acollido/a, e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a
persoa dependente.
1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de
subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou
máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e
unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas
dependentes.
b) Cando a vítima de violencia de xénero con
responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva
teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do
27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de
xénero
A contía da indemnización que se aboará será, sen
prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial
correspondente que quede pendente de pagamento logo da declaración de
insolvencia do obrigado a esta.
A contía máxima da indemnización establécese
en 6000 euros, excluídos xuros de mora, por cada persoa beneficiaria.
DOGA Nº 59. Venres, 24 de marzo de 2017
Comentarios